Fernández de Castro José
José Fernández de Castro
Naceu en Ferrol (A Coruña) o 24 de febreiro de 1755. Eran o seus pais Gabrile Fernández de Castro, comerciante establecido en Bos Aires, e Josefa Piñeiro y Freire, pertencentes a significadas familias galegas. Casou en Bos Aires en 1789 con Juana Paula Pesoa, natural desa cidade e previa licencia do provisor do 30 de xullo dese ano, malia a desautorización do pai del, que alegaba que o seu fillo "non lle pedira o seu consentimento", alegato este pouco consistente pois, crendo nas datas, el xa tiña 34 anos de idade. Consta que Fernández de Castro (José) era o 16 de agosto de 1806, alférez de Milicias de Infantería retirado, veciño de Bos Aires e exercía o comercio. Nas dúas actividades distinguiuse polo se ánimo e dinamismo. Na acta da sesión celbrada o 27 de setembro de 1806 polo Real Consulado de Bos Aires, e que autoriza como secretario Hipólito Vieytes, atopamos os antecedentes dunha cuestión que ia ter a Fernández de Castro como principal intérprete. Así di a acta: "Eu o Secretario, en virtude do sancionado no acordo do día 19 do presente introduciu na sala varios documentos que se leron por min, e con especialidade un informe feito a S.M. por este R. Consulado no pasado ano 1797, polo que se licitaba da piedade do Rei a abolición ou restricción do permiso concedido a este Comercio por vía de ensaio para colonias estranxeiras, e ao seu tenor, impostos os S.S. da Xunta comezou a discutir sobre os 3 puntos comprendidos na represión do Sr. Síndico concerniente a este particular, e reducidos con especialidade a saber; o primeiro sobre a absoluta abolición do Comercio dos estranxeiros nesta Capital, e Porto do Río da Prata; o segundo sobre recabar da S.M. a absoluta negativa de toda gracia exclusiva ou particular en calquera arte e ramo de comercio; e o terceiro sobre a necesidade de deputar unha persoa cos poderes suficientes para que persoándose na Corte a nome deste Consulado, e do Comercio destas Provincias, promova, axite e obteña a piedade da S.M. todo o conveniente á felicidade do seu Comercio; e atopándose disconforme nas súas opinións procedeuse á votación sobre o primeiro punto no que conviron todos os S.S. da Xunta coa solicitude do Sr. Síndico agás o Sr. Prior, o que despois de dar o seu voto en contra exhibiu un papel no que traía fundado o seu parecer que leu en público, e pediu que se adxuntase nesta acta... No segundo punto sobre recabar da súa Maxestade a denegación de gracias particulares, conviron todos unanimemente que se expuxesen á Real consideración os inxentes prexuízos que recibía da Provincia en xeral de semellantes concesións. Sobre o punto terceiro de mandar á Corte un Deputado, houbo discordia nos pareceres... diferindo polo respectivo nomeamentodo subxeito que deba desempeñar a Deputación". Na sesión do 14 de novembro do mesmo ano "leuse o acordo da Xunta Xeral de Comercio celebrada o 1 de outubro último polo respectivo ao punto do Deputado que se debía mandar á Corte a efecto de recabar a abolición de gracias particulares concedidas a algunhas casas de Comercio, e igualmente a restricción ou enteira suspensión do permiso concedido para comerciar con Colonias estranxeiras, e para tal efecto concedíanse botase man do caudal do novo ramo de avería coa expresa condición de ser nomeado por dita Xunta Xeral o subxeito que, debía `camainar´á Corte ao indicado fin; e acordouse que se cite a nova Xunta Xeral de Comercio para o luns do corrente". Comenta Vilanova Rodríguez que "moitos debían ser os méritos que concorrían e o grao de confianza que inspiraba que, entre tantos comerciantes como había en Bos Aires, la elección recaeu unanimente en Fernández de Castro". Ao recibir e aceptar o nomeamento presentouse na sesión do 15 de decembro e alí ratificouse o seu sentido da responsabilidade, ao facer algunhas previas reclamacións e manifestar un claro desexo de documentarse sobre a índole da súa xestión. Para iso solicitou "copias de todas as representacións sobre o cesamento do Comercio estranxeiro directo ou de Colonias. Tanto aquí como na Corte, e igualmente cantos informes se deron sobre o particular. Do mesmo xeito que se pidan por este Corpo á Cidade copia de todos os documentos que teñan de igual clase, e particularmente da `repon´feita ultimamente por este vecindario e que pasou á vista fiscal. Así mesmo outra feita polo último Síndico Procurador D. José Hernández, e á resposta do Sr. Virrei no que louba o seu celo. Un poder e instrucción para cinguise a el en todo caso nas representacións do seu encargo. Que se habiliten os días das próximas Pascuas para producir neste Tribunal algunhas informacións relativas ao mellor desempeño da súa comisión, e para non demorar a súa vindeira viaxe: E ultimamente que se provea a entrega dos cartos que debe levar, o cal expresou ser en cantidade de 14.000 pesos fortes desete xeito: 4.000 correspondentes ao primeiro ano anticipado da súa asignación; 2.000 do mesmo xeito están sinaldos para o seu transporte, e as 8.000 restantes para usar deles con oportunidade, e segundo o demandan a situación dos negocios aos que se dirixe, ofrecendo poñer este diñeiro sen gravame nin costo algún na Península; a esa solicitude acordouse a Xunta que se fixesen en todo como pide dito Sr. Comisionado". O virrei, marqués de Sobremonte, dirixíase ao Consulado desde Montevideo o 30 de decembro de 1806, concedendo "a licencia que V.S. solicita para que D. José Fernández De Castro se traslade a España pola vía que atope máis conveniente coa Comisión que se indica". Esa misión non a puido levar adiante dado que no mes de xuño de 1806 os ingleses invadían Bos Aires. O propio Fernández de Castro informou: "Que avistándose na mañá do 25 de xuño pasado, 11 embarcacións como a distancia de 5 leguas ao Leste desde Porto, a Fortaleza fixo sinal de alarma con 3 cañonazos e en seguida tocouse `a generala´, e a esta novidade concorreu o pobo, reuníndose neste só punto máis de 1.800 homes do máis lúcido do vecindario. Que os expresados buques se recoñceu logo ser 9 inimigos e 2 neutrais, que o eran un pequeno Bergantín portugués de propiedade de Posedonio de Acosta e unha Zumaca. Que desde a mañá ata as 12 do día os inimigos trataron de achegarse todo o posible á costa de Quilmes, quedando unha corbeta fondeada fóra e avanzando os outros buques a protexer o desembarco, que clara e distintivamente se vía efectuar con 20 embarcacións menores, sen que entre tanto se vise por parte das autoridades disposición algunha con relación a impedilo, limitándose a repartir algunhas armas e municións en escaso número, pois nin tan sequera acadaron para unha terceira parte dos que as pedían para facer a defensa da praza. Que ata moi tarde da noite o vecindario mantívose reunido no Forte, sendo ao día seguinte maior o número de homes que acudiron a pedir armas, de tal xeito que non podían formarse, tendo que facelo algunhas compañías nos baluartes, como aconteceu ás que mandaban os Capitáns D. Román Díaz e D. Francisco Belaustegui, á que pertencía o declarante, e as que constaban de máis de 600 homes cada unha, parte de grande número de voluntarios que quedaron sen se incorporar por non alcanzar as armas. Que as 12 do día 26, estando o declarante na azotea das habitacións que ocupaba na Fortaleza o Sr. Marqués de Sobre Monte, e onde colocara un telescopio para observar as operacións do inimigo nos Quilmes, e atopándose presentes máis, cando comezou o combate dos quimes entre as forzas de cabalería que comandaba o Sub-Inspector Arze e os inimigos que desembarcaran, o Sr. Virrei saíua á novidade; e despois de preguntar cantos cañonazos se tiraron, dirixíndose ás perosas anteriormente citadas, dixo: `Non hai coidado; os ingleses sairán ben escarmentados. Eu estou compracido e o meu corazón reborda de contento ao ver a decisión e o entusiasmo con que todo o vecindario correu a tomar as armas en defensa do Rei e da Patria´, con estas palabras que non lembra ben, mais que manifestaban exteriormente o desexo de non excusar sacrificio para conseguir os fins 3 horas despois, ou sexa, ás dúas da tarde daquel mesmo día, viuse que do que menos se ocupaba era de preparar e dispoñer a resistencia, e que só se preocupaba de pñer a salvo á súa familia e aos seus intereses, con que escándalo e indiganción do pobo que o observaba. Que así, sen coidarse dos intereses do Estado nin do posto que lle estaba confiado como Capitán Xeral, mandou o Batallón de urbanos a ocupar o importante posto das Barrancas que domina o Río, para facelos retirar ao día seguinte sem cambiar un só tiro co inimigo que qtopou abandonados os máis aventaxosos puntos da nosa defensa. Que en dito recén día se lles presentou o Coronel D. Ignacio de la Quintana, a quen se lle deu por Xefe, coa orde de que se retirasen á Fortaleza, ao que lle dixeron o Capitán Murguiendo, o alférez Capdevila e outros que como se entendía aquili de se retirra cando non sabían de que cor era o uniforme dos inimigos, ao cal Quintana, revestíndose de garnde autoridade contestou: `Que ninguén levante a voz, pena a vida ao que non obedeza o que manda o Señor Virrei´. Que disgustados todos con aquela retirada que os enchía de vergoña e de pena, polo mesmo que tomaran as armas coa resolución de sacrificarse se era necesario, regresaron á Fortaleza. Engade o declarante que desde que se coñeceu polo Señor Virrei o resultado dos Quilmes, xa comprendeu que non se trataba de defender a praza senón de fuxir, e que esta crenza confirmouno unha esquela que por casualidade viu o día 14 de correntes (agosto de 1806), dirixida por D. Juan Manuel Marín desde Montevideo en decembro último á súa futura Dona María de Sobre Monte, cunha postdata ao pé asinada polo Márquez, na que lle di á súa Esposa que "ata aquela data non había novidade maior, mais que se a houbese tomase os coches e que se fose lonxe, que Cagigas coidaría de recoller canto lle pertencese", esta esquela atopouse aberta no dormitorio de dito Marín, e consérvaa D. Francisco Reguera logo de ser vista por D. Pedro Cerviño, D. Francisco Estrada e outros. Que o dito é a verdade...". D. Santiago Liniers, Capitán de navío, comandou a españois, arxentinos emulatos na reconquista da cidade o 12 de agosto. O día 14 Fernández de Castro formaba parte dun congreso de autoridades e veciños respetables que resolve festexar o triunfo, amparar as viúvas dos que se sacrificaran en favor da patria e preparar a cidade para unha nova invasión, dándolle o mando a Liniers. Con data do 6 de setembro, Liniers expediu unha proclama creando os corpos urbanos para a defensa de Bos Aires, e o 9 sinalaba o día 12 para a concorrencia de galegos e asturianos para conformar na Fortaleza o exército, " a fin de arranxar os batallóns e compañías, nomeando os comandantes e aos seus segundos, os capitáns e os seus tenentes á vontade dos mesmos corpos". E di Cerviño que "en cumprimento diso reunímonos perto de 600 individuos oriundos do Reino de Galiza: eramos moitos de diversas profesións e diferentes fortunas; mais a nosa congregación era presidida pola respectable patria, e xordos ás cornadas do amor propio, profesamos ante ela a nosa común igualdade. Así para a necesaria elección de Xefes só se atendeu á capacidade real ou presuntiva e Eu non sei por que inesperado golpe de fortuna, tiven o honor de ser anteposto pola súa propia xeral elección a tan honrado Corpo. O meu segundo D. José Fernández de Castro foi nomeado en igualdade de termos...". O 29 de setembro, Fernández de Castro, xunto a outros principais veciños de Bos Aires, autorizaba unha solicitude encamiñada a que fosen "estraños fóra do Reino, ou polo menos ás Provincias interiores, os ingleses, os Norteamericanos e outros calquera estranxeiros sospeitosos nas presentes circunstancias". O Tercio de Galegos costeouse pola maioría dos subxeitos que o formaban, e con algunhas outras subscripcións. Castro axudou a instruilo e acompañando a Cerviño, presentou o Regulamento do Corpo ao Cabido, quen o aprobou o 20 de xaneiro de 1807. Castro contribuíu para os gastos do Tercio con 50 pesos. O 3 de febreiro tomaban os ingleses Montevideo, estaban os ingleses outra vez ás portas de Bos Aires. Ante esa grave ameaza encomendóuselle a Castro unha difícil misión. Na acta do cabido da sesión celebrada o día 21 dese mes lese: "Recibiuse unha carta de D. José Fernández de Castro, con data do 18 do corrente, na que avisa saír de Montevideo o día 16 logo de estar exposto a moitos riscos, e que trae novas convenientes de acordo á súa comisión. E os S.S. acordaron que se agarde a súa chegada, e mediante a estar evacuada a comisión, por esta causa xa non corre risco a persoa do precitado don José Fernández de Castro, determinaron que se sente este capítulo de acordo; o cal foi reducido a que pasase de espía á capital de Montevideo, despois de tomada polo inimigo, para segundo os coñecementos que adquirise poder este Cabido determinar o conveniente á reconquista daquela Praza, e a instrucción foi cinxida a que examinase con nova e intervención do Sr. Gobernador e algúns Individuos daquel I.E. os puntos 1º.- Indagar o número de tropas das liñas inimigas que había dentro e fóra da Cidade, 2º.- Se estas tropas estaban contentas ou disgustadas co seu xeneral e cal fose a causa, 3º.- Impoñerse do estado das murallas e baterías da Praza; en que paraxe abriran brecha e se facían novas obras co aumento de artillería para maior defensa, 4º.- De que parecer se atopan os veciños que quedaran, se de axudar aos que fosen á reconquista ou de amosarse indiferentes; se contemplaban asequible esta empresa e con que número de xente, 5º.- Que tomara relación, que se achegase á verdade o máis que fose posible, do xeito e causa porque foi asaltada e rendida a Praza e que número de xente pereceu dunha e outra parte, 6º.- Que xuízo se formou do Virrei aquel vecindario e toda a Tropa; cal foi a súa conducta, e se se considerou intelixencia cos inimigos, por algunhas persoas da nosa parte, estranxeiras ou nacionais: reservando á súa intelixencia e coñecementos o exame doutras particularidades que puidesen ter relación cos puntos indicados, e puidesen influir ao obxecto que se propoñía este Cabido e que lle manifestou o día 7 do corrente cando lle confiou unha delicada misión". E na xunta do día 28 "fixo presente o Sr. Alcalde de primeiro voto un cuaderno que lle exhibira son José Fernández de Castro, no que por capítulos baleira os puntos que se lle deron e a que foi contraída a misión delicada que se lle conferiu de pasar en calse de espía á Cidade de Montevideo, logo de tomada polo inimigo; manifestou ao mesmo tempo unha papeleta de letra disfrazada, que lle entregara ao propio Castro dicindo que era o Sr. Gobernador daquela Praza, na que analiza e descubre a conducta do Excmo. Sr. Virrei, e exposto que Castro se atopaba nos arcos do Cabido, mandaron os S.S. que entrase ara oilo de palabra sobre os particulares de ambos papeis, e entrando na Sala léronse un e outro, dando Castro máis referencias a cada un deles, e logo de recibir as gracias e de ofrecerlle o recoñecemento deste Cabido por un servicio tan importante acordaron os S.S. que respecto a non dar marxe polo de agora as novas de emprender a reconquista de Montevideo, nin ser factible polos inconvenientes da Xunta Xeral propuxeron ao Sr. Comandante xeneral de armas e o de artillería que se suspenda polo de agora dar paso no asunto, e que se reserven eses dous papeis para o seu debido tempo; e comisionaron ao Sr. Alcalde de primeiro voto para que preguntando a Castro dos gastos da misión se lle cubran librando contra o Mordomo de Propios, por non se deber permitir que sufra este quebranto despois dun servicio tan importante, e ao que se cxomprometeu sen interese ningún, e que estimulado só da súa lealdade e patriotismo do que ten dadas as mellores probas". Castro parece que interveu escasamente nas accións do seu Tercio, participando noutras empresas non menos arriscadas como xa vimos. Vilanova Rodríguez di que esta suposición baséase en que tanto Cerviño como Varela non citan a Fernández de Castro nos servicios distinguidos do Tercio de Galegos. Nembargante na lista de recompensas concedidas o 13 de xaneiro de 1809 pola Xunta Suprema Gobernadora do Reino, instalada en Sevilla, figuraba José Fernández de Castro coa graduación de Tenente Coronel. Derrotados os ingleses e libre xa Bos Aires do perigo de invasións, o Consulado reconsiderou sobre a Comisión que lle deran a Fernández de Castro, referente a pasar a España de cara á obtención de posibles melloras no asunto referente ao comercio, seguindo as normas prestablecidas que xa coñecemos. Datada en Bos Aires o 5 de setembro de 1807 publicouse unha folla solta que comeza así: "Despois que por unha experiencia desgraciada se viu envolta a sorte deste Comercio, e con el a de toda América do Sur, no cúmulo de males, que se acarrearon prexuízos incalculables, etc...". Toribio Medina, historiador chileno, comenta sobre esa folla, "maniféstase que o axente poderoso que obrou ata o extremo de poñer á América ás portas da ruína" foi a concesión do libre comercio, e por iso enviaron a Fernández de Castro, para que plantexase a crueza do problema diante das autoridades competentes, e "a efecto de poñer na real consideración do Rei, estes e outros prexuízos indicibles que de necesidade resultarían se se continuase por máis tempo, así o enunciado permiso, como o dos negros, e gracias particulares que ao efecto de introducir efectos estranxeiros se concederon e conceden nestes últimos tempos". Fernández de Castro partiu para cumprir o seu cometido, así na sesión consular do 30 de marzo de 1808 dábase lectura a unha comunicación súa datada o 22 de xaneiro na Bahía de Todos os Santos na que avisaba "a chegada do Príncipe de Brasil, e que pensa seguir a viaxe". Na sesión do 28 de novembro líase unha "contestación do Consulado de Gautemala, con data do 7 de abril último, ao oficio que se lle comunicou deputar a José Fernández de Castro para que na corte tratase da proscrición do Comercio cos estranxeiros a efecto de que pola súa parte concorrese ao propio intento". O 28 de xuño de 1809 "trouxose á vista o expedente sobre a comisión dada a José de Castro para pasar á Corte, e enteirada a Xunta dixo que se espera a ter aviso da súa chegada para a providencia que houbese lugar". O 4 de setembro volveuse ler polo Consulado "copia da circular pasada aos Consulados con motivo da ida de D. José Fernández de Castro; e unha memoria presentada polo Sr. Prior a cerca do asunto do día no que propón os medios cos que se lle debe abrir Porto ao Comercio para socorrer as necesidades do Estado, aquí e na Nai España". A situación era sumamente preocupante e grave en materia económica na América española, pois as inevitables inquietudes que producía tan insólita situación, uníase o anceio de independencia dos pobos americanos. Mitre descríbeo no seu libro "Historia de Belgrano y de la Independencia Argentina", deste xeito: "desde que Cisneros se posesionou do virreinato (1809) puídose convencer que se as dificultades políticas das que estaba rodeado o seu goberno eran moi serias, non o eran menos as dificultades financieiras. Os gastos extraordinarios a que fora necesario facer fronte con motivo das invasións; a prodigalidade e a desorde da anterior administración; o mantemento dun corpo de tropas numeroso, que non era prudente disolver, e o estado de guerra no que se atopa a Península, o que lle impedía atender cumpridamente á explotación mercantil das súas colonias, eran outras tantas causas que, á vez que aumentaban os gastos do erario, esgotaban as fontes da renda pública. A tesoureiría de Bos Aires necesitaba sufragar os seus pesos mensuais, ou sexa tres millóns ao ano. Todas as rendas reunidas, incluso os estancos, as alcabalas e os tributos non acadaban a producir cen mil pesos ao mes. Queda por consecuencia un déficit dun millón e 800.000 pesos ao cabo do ano, déficit que recargándose cunha débeda postergada iría aumentándose a medida que transcorrese o tempo. Non era posible impoñer novas contribucións a un país que se conservaba coas armas na man, e en que pola otra parte a estagnación dos seus froitos, consecuencia natural do monopolio mercantil, fixera padecer todas as ortunas. En tal situación, Cisneros dirixiuse aos comerciantes españois para levantar entre eles un empréstimo; mais os comerciantes cerráronlle as súas caixas. Non quedaba senón un recurso: o libre comercio cos neutrais...". E continúa Mitre: "A declaración do comercio libre, que salvou polo momento ao virrei das dificultades financieiras coas que loitaba, contribuíu a aumentar o seu isolamento en medio da súa precaria autoridade á vez que vai organizar o partido dos patriotas". Na sesión do Consulado do día 8 de xaneiro de 1810 daba lectura a "dous oficios, datas do 25 e 26 de setembro último, de José Fernández de Castro, Deputado deste Comercio en Sevilla, manifestando no primeiro as primeiras dilixencias que practicara no desempeño do seu encargo, e o segundo solicitando o seu relevo pola falta de saúde e necesidade de retornar á súa casa". Mandouse escoitar ao Síndico, quen o 15 de xaneiro expuxo que "se lle admita a dimisión que fai do seu cargo, e que se lle manden entregar 14.000 pesos que percibiu en razón del". Sexa que non recibise a comunicación consular ou por outra causa, Fernández de Castro presentou o 20 de decembro de 1810 ás Cortes un Memorial ao que se respondeu cun comunicado inserido no "Diario de Cádiz", do 20 de febreiro de 1811. Fernández de Castro foi sorprendido polo berro de Maio en terras españolas. Fernádez de Castro tivo varios fillos do matrimonio: Josefa, Estanislada e José. BIBLIOGRAFÍA: "Los Gallegos en la Argentina", Tomo I, Alberto Vilanova Rodríguez, Ediciones Galicia, Bos Aires, 1966. "Invasiones inglesas al Río de la Plata", Juan Coronado. "Actas do Consulado no Arquivo Xeral da Nación". Artigo publicado en "Almanaque Gallego", Manuel Castro López. "La Imprenta en Buenos Aires", Toribio Medina. "Historia del Libertador Don José de San Martín", Pacífico Otero, Tomo I, Pacífico Otero, Bos Aires, 1949.